Partido Os Tilos – 9 Leones 15 (1 Novembro)

Primeiro xogo disputado no campo de Acea da Ma en Culleredo,estreábase o noso novo adestrador Juan Carlos Lamadrid,as equipas saltaron o terreo de xogo con moitas ganas,notábase que facía tempo que non competían.A xornada con respecto ao tempo atmosférico resultou moi boa, non saíu o sol, pero a temperatura e a ausencia de choiva conseguiron que a estancia fose moi agradable.
Comezou o encontro sen os tradicionais saúdos, a era Covidimpoñíase,e os xogadores e técnicos encaroutados tomaron as súasposiciónsno campo.
Comeza a primeira entrada e a equipa dos Tilos abre cun xogador veterano, Juan Carlos Lamadridencárgase de lanzar esta primeira entrada. Moi axustado o principio, pero un erro na recepción dunha líneaóexterior dereito, acaba nunha anotación e o posterior desconcertodo nosopitcher abridor. O resultado será de 5 carreiras a favor da equipa de Leones.
O Club local consegue manter o marcador a 0 nas seguintes tres entradas, pero no ataque non aproveita a boa defensa e o bo facer do noso pitcher; e o marcador mantense nun 5-0.
Na quinta,Leones consegue facer dúas carreiras, unha porhomerun de Alfonso Santos.Nós, faríamos a primeira carreira do encontro a cargo de Mateo Couso, impulsado por un hit a esquerda de Juan Carlos Lamadrid.
Na seguinte entrada cambio de pitcher pola nosa parte, lanza Asdrúbal, xogador cedido pola equipa do Cambre, que fixo un excelente traballo dende o montículo deixando a 0 a 6ª entrada.
Na 7ª, a equipa visitante sumou cun Home run con xogadores en 1ª e 2ª de Joelvis Díaz ; Turno ó bate para Os Tilos, Carlos Carballido embasase con un Hiten consegue unha carreira tras un passball.
Na 8ª entrada, cambio de pitcher,entra Mateo Couso ó montículo, que deixa a 0 ó marcador para Leones. Comeza a remontada , Erikchega a primeria,cunhabase por bola, Asdrúbal, cundobre a esquerda impulsa a carreira de Erik; e Asdrúbal consegue anotar polo batazo de Mateo Couso;YagoDosilembásase por golpeo e entra enhome por o hit de Juanka, Carlos Carballido tamén consegue a 1ª basepor golpeo e entra a súa carreira cun Hit de Miguel Bermudez; Juanka entra en base por outra base cedida polo pitcher de Leones e fai a 5ª carreira da entrada impulsado por Ismael Ferotti cun hit ó xardineiroesquerdo. Tócallea quenda a Erik Polo, cun dobre ao centro e error do xardineiro fan que chegue deica terceira, e entren Miguel e Ismael facendo a 6ª e 7ª carreira da entrada, remata esta cunha liña de Asdrúbal atrapada polo short stop. Tremenda remontada deixando o marcador 10-9
A 9ª Cambio de pitcher entra Erik Polo a lanzar ecomeza moi descontrolado permitindo que entren 5 carreiras.
O ataque remata con dous ponches e unha liña de Mateo Couso atrapada polo short stop.

Os Tilos lograron emocionar a grada, nun encontro moi axustado. A falta de adestramento dos nosos lanzadores e os erros cometidos na 1ª entrada provocaron as 6 carreiras de diferenza co rival, que non fixeron xustiza a tónica xeral do encontro.


123456789THE
LEONES5000203051584
OS TILOS000010170975

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *