Os Tilos 9 – Trasnos 17 (15 Novembro)

Segundo xogo disputado no campo de Acea da Ma en Culleredo.O encontro comezou media hora máis tarde por mor da chuvia intensa que caía no campo aoinicio da xornada. Achicouse a auga do campo pola equipa local e comezouse o xogo.
O partido ábreo, pola equipa dos Tilos,Ismael Ferotti. Que realiza unha moi boaactuación nas tres primeiras entradas.
Trasnos logra facer dúas carreira, unha na primeira entradae outra na segunda, aproveitando erros na defensa.
A cuarta entrada foi a decisiva. Tras poñernos por diante no marcador con tres carreiras, non fomos quen de mantela diferencia. Conseguimos os dous primeiros outs, mais o último costounos sete carreiras, tras un bo facer dos contrarios cun home runincluido
Na quinta empate, dúas carreiras pra cada equipa cun home run do noso xogador Erick Polo que fixo un excelente encontro cun total de treshits un home run e tres carreiras impulsadas.
Na seguinte entrada, tres carreiras pra Os Tilos e unha moi boa defensa. Trasnos non conseguiu anotar, grazas ao gran dobleplay executado por Mateo Couso e Miguel Bermúdez.
Na séptima,a equipa local sumou dúas carreiras.
Na 8ª entrada, unha carreira pra Tilos e 4 pra Trasnos, decidiron o encontro.
As equipas tiveron que xogar un encontro en moi malas condicións meteorolóxicas, o campo, completamente embarrado, restou espectáculo e dificultou enormemente as xogadas defensivas.
A pesar diso, a nosa equipa mellora cada semana, deixando xogadas defensivas espectaculares, que souberon animar a grada, e grandes batazos que fixeron que o encontra estivera moi emocionante deica o remate. Adiante Tilos!


123456789THE
OS TILOS0003230109143
TRASNOS1107202401782

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *