El Llano – 23 vs Os Tilos 5 (22 Novembro)
Xogo disputado no campo de Acea da Ma en Culleredo, o último desta tempada excepcional. O encontro comezou á hora acordada nunha espléndida maña de outono.
O partido abriuno, o pitcherdos Tilos, Asdrúbal Ortega, que non chegou a rematar a entrada , sendo substituído por Juan Carlos Lamadrid.
Na primeira entrada decidiuse o partido, non estivermos acertados, nin os exteriores , nin o cuadro , nin o pitcher; a equipa do Llano logrou 11 carreiras decidindo o encontro.
Na nosa equipa destacou sen dúbida Erick Polo con 4 hits, un deles dobre.
Na sétima entrada o encontro rematou por diferencia de carreiras.
A equipa do Llano xogou mellor, de forma máis sólida. Pola contra nos non tivemos o noso mellor partido e a mala actuación na primeira entrada decidiu o xogo.
Xogamos mal e con moitos erros. Toca asumir e continuar co traballo diario.
Adiante Tilos!
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | T | H | E | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
EL LLANO | 11 | 0 | 1 | 4 | 1 | 1 | 5 | – | – | 23 | 15 | 3 |
TRASNOS | 2 | 0 | 1 | 1 | 0 | 0 | 1 | – | – | 5 | 7 | 7 |