Leones de Oroso 16 – Os Tilos 6

Primeiro xogo da tempada disputado no campo de Portoavieiro- Sigueiro en Oroso. A xornada con respecto ao tempo atmosférico resultou moi fría. Na primeira entrada o resultado será de 4 carreiras a favor da equipa de Leones que logrou dominar o marcador en todo o partido. 

Os nosos pitchers non estiveron moi acertados permitindo 12 hits , deron 10 bases  e poncharon a 8 xogadores. A equipa local tivo maior acerto, conseguindo os seus pitchers : 5 hit, 12 bases e 7 ponches. Deste xeito, lograron a diferenza no marcador. Temos que destacar tamén os 3 home-runs da equipa local que estivo moi acertados na ofensiva.

Os Tilos iniciaron a tempada con ilusión, esperando mellorar segundo avancen as xornadas. Destacar o debut na categoría dos nosos xogadores Ramón Diez, Marta Jácome é Alex Lobato.


THE
LEONES DE OROSO16123
OS TILOS654

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *