Os Tilos, campeón da Teoleague

O EQUIPO DE OS TILOS GAÑOU OS DOUS PARTIDOS CONTRA TEO POR 13-3 E 9-3

Este domingo disputouse a final da Teoleague, na que o equipo de Os Tilos se proclamou vencedor despois de gañar os dous partidos contra o equipo de Teo, por 13-3 e 9-3. Os Tilos, integrado por Victor Bermúdez, Mateo Couso, Alex Dubra, Alex Lobato, Diego Monteagudo, Carmen Pena, Luis Pérez, Lourdes Pinilla e Blanca Tortajada, fixeron un torneo de menos a máis, remontando na clasificación xornada tras xornada, ata chegar a alzarse co título. Nos dous partidos da final, todo o equipo bateou con efectividade, dando moitos hits, cousa que permitiu anotar un gran número de carreiras, destacando un home run de Mateo Couso.

O equipo de Teo, integrado por Carlos Arias, Miguel Bermúdez, Carlos Carballido, Max Contreras, Hugo Gómez, Tania Kozhushko, Nuria Lamas, Valentín Monteagudo, Luis Moure e Pedro Moure, partían como equipo favorito na final, xa que viñan como o conxunto que máis victorias conseguira durante as 4 primeiras xornadas. Na final puxéronlle as cousas difíciles a Os Tilos, loitando ata o final e facendo varios outs en roubos de base e corre-corre do equipo rival, pero no puideron co ímpetu do equipo rival, que foi superior desde o inicio.

Na xornada do domingo, tamén se fixo entrega dos trofeos, que caeron en mans de:

  • Mellor bateadora: Marta Jácome (Orioles)
  • Mellor bateador: Juan Carlos Lamadrid (Orioles)
  • Mellor bateador cadete: Alex Lobato (Os Tilos)
  • Mellor bateador xuvenil: Carlos Carballido (Teo)
  • Mellor pitcher F: Lourdes Pinilla (Os Tilos)
  • Mellor pitcher M: Luis Moure (Teo)
  • Mellor catcher: Carmen Pena (Os Tilos)
  • Mellor 1ª base: Diego Monteagudo (Os Tilos)
  • Mellor 2ª base: Alexandra Alcántara (Orioles)
  • Mellor 3ª base: Victor Bermúdez (Os Tilos)
  • Mellor shortstop: Mateo Couso (Os Tilos)
  • Mellor left field: Mabel Viana (Orioles)
  • Mellor center field: Diego Jácome (Orioles)
  • Mellor rookie: Blanca Tortajada (Os Tilos)
  • Líder en home run: Victor Bermúdez (Os Tilos)
  • Líder en carreiras anotadas: Mateo Couso (Os Tilos)
  • Líder en dobles: Mateo Couso (Os Tilos)
  • Líder en carreiras impulsadas: Victor Bermúdez (Os Tilos)
La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es imagen-1024x768.png

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *