TeoLeague – Xornada 4

Os Tilos e Teo pasan á Final

Terceira xornada no pavillón de Os Tilos. Desta volta TEO levouse dúas victorias e os de Orioles non puideron sobrepoñerse á baixa de Ismael Ferotti.

Orioles 5 – Os Tilos 10

Primer match ball para Os Tilos. Se Orioles gañaban, pasaban á final. Orioles chegou á terceira entrada 2-1, pero encaixou un parcial de 3-9 nas dúas seguintes. Alex Lobato con 4 hits (1 HR) e Mateo Couso e Victor Bermúdez fixeron posible gañar este partido para Os Tilos. Co Home run de Alex Lobato anotaban 3 carreiras e poñian a dianteira no marcador. Orioles non se sobrepouxo, ainda que Ismael Ferotti con 3 hits e ata 4 compañeiros con 2 fixeron todo o posible.

Tanto Lourdes Pinilla como Diego Jacome recibiron 14 hits (1HR) cada ún, e 3 pasaportes deu Diego por 2 de Lourdes. Orioles tivo 4 erros e Os Tilos 3, pero 8 carreiras gañadas para os Tilos por 5 de Orioles.

Os Tilos 8 – Teo 12

Co traballo feito, Os Tilos debían gañar para asegurarse o pase sen esperar ó derradeiro partido. E foi igualado ata a terceira entrada, onde Teo obtía un parcial de 1-3 para poñerse por diante, que aumentarian na cuarta con utra carrreira e outrasduas na quinta 1-3.

Diego Monteagudo e Mateo Couso con 4 e 3 hits destacaron nos amarelos, mentras nos Verdes Luis Moure con 5 de 5, e 4 compañeiros máis con 3 hits (Max Contreras e Miguel Bermudez ademáis con HR) facían imposible o obxetivo.

Bonito enfrontamento de Lourdes e Luis, gañado polo segundo que encaixou 5 hits menos.

Teo 10 – Orioles 4

Non se xogaban nada os Verdes no último encontro, pero os laranxas si tiñan en xogo o pase á final.

Teo demostrou o seu potencial e na terceira entrada gañaban xa 6-2.

Miguel Bermudez con 5 e Max Contreras e Carlos Carballido con 4 levaron a Teo a gañar o derradeiro punto. Juan C. Lamadrid e Diego Jácome con 3 e 2 hits trataron de impedilo, pero as baixas de Ismael e Yago Dosil foi pesada para eles.

Nuria Lamas deixou o partido encarrilado e 4 entradas ainda que deu 6 bases, e pechou sin recibir carreira Miguel Bermúdez. Para orioles daniel Moure estivo máis controlado, pero recibeu 18 hits (o dobre que Teo) e tivo que sufrir ademáis 3 erros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *